| 个人资料GZ CEIVE照片日志列表 | 帮助 |
|
8月23日 Historia de Galiza.No século XXI Galiza constitúe a entidade territorial máis antiga de España, sendo a única que mantivo o seu nome permanentemente perante máis de vintedous séculos e que ademáis conserva as súas fronteiras estábeis case sen variación dende vai máis de oito séculos...
A cronoloxía que aquí imos presentar aporta feitos históricos contrastados que tradicionalmente foron esquecidos pola Historia oficial. A importancia de cada un destos feitos é a que cada un lle queira dar; Porén é ben seguro que aquí ímonos atopar con máis dunha sorpresa.
Polo tanto esta cronoloxía pretende destacar aqueles aspectos menos coñecidos da historia de Galiza, mencionando en numerosos casos as fontes documentais propias de cada época, as que contradin a miúdo as interpretacións posteriores que figuran nos actuais libros de Historia.
PREHISTORIA
Paleolítico Inferior: actualmente atópase en discusión as datacións dos restos atopados en Galiza atribuidos a este período.
Inicios do Paleolítico Superior (35.000 anos antes do presente: primeiros pobladores confirmados en Galiza).
Neolítico (3.000 a. de C.): Cultura megalítica. Agricultura e gandeiría.
2.000 a. de C.: inicio da metalurxia (cultura do vaso-campaniforme).
1800 a. de C. (Inicio da Idade do Bronce). Petroglifos.
VI a. de C. (Idade do Ferro): Chegada de tribus celtas procedentes do centro de Europa e que introducen a tecnoloxía do ferro. Cultura castreña que evoluciona a partires dos pobladores autóctonos da Idade do Bronce. Interrelación e mestura das culturas castreña e celta. Comercio con Tartessos, fenicios, Cartago e outros pobos celtas.
Segundo textos romanos, os celtas (saefes) desprazaron aos pobradores orixinais (oestrymnios) no noroeste de Iberia.
Lenda do Período Celta: Breogán é o xefe da tribu ártabra dos celtas e fundador da actual Coruña. Ith (fillo de Breogán) zarpa dende Galiza para invadir Irlanda onde é derrotado. Máis tarde seu irmán Mill ten éxito e conquista Irlanda (lenda extraída do libro Leabahr Gabhale dos irlandeses e das lendas milesias).
IDADE ANTIGA
Ano 219 a. de C.: Os gallaecios colaboran con Aníbal no asedio a Sagunto e a continuación na expedición fracasada contra Roma a través dos Alpes.
Anos 146 a 139 a. de C.: A etnia dos “callaeci”, “gallaeci” ou “kallaikoi” (segundo as distintas fontes) axudan a Viriato contra Roma. Kallaicoi é unha palabra relacionada con “kelticoi” que é o nome que os romanos daban aos celtas.
Suponse que os romanos os atoparon por primeira vez preto da actual cidade de O Porto.
Ano 137 a. de C.: Inicia a conquista de Gallaecia por Roma.
Ano 60 a. de C.: Chega Xulio César e somete a case toda a Galiza ainda non sometida (a situada ao N do Miño) debido o seu grande interés polos xacementos de ouro.
Ano 25 a. de C.: Conquista do monte Medulio na Gallaecia, último reduto de resistencia na conquista de Hispania, sendo Augusto emperador en Roma.
A ubicación do Monte Medulio suponse nalgún lugar preto de As Médulas ou preto do río Miño. Os romanos tardaron máis dun século en completar a conquista dun espazo tan pequeno como Galiza, o que implica unha fortísima resistencia por parte dos pobradores galaicos.
Hai que ter en consideración que Roma tiña grande interese nesta conquista xa que o ouro enviado dende Galiza a Roma chegou a supor en varias épocas o 10% de tódolos ingresos do Imperio Romano.
Ano 70-74 d. de C.: Vespasiano convirte a tódolos habitantes ceives da Gallaecia (451.000 segundo Plinio) en “pobo romano”.
Ano 289: O emperador Diocleciano crea a provincia Gallaecia dentro do Imperio Romano.
Ano 379: Teodosio, que naceu en Gallaecia, é coroado emperador de Roma. Máis tarde haberá outro emperador galego: Máximo. Elia Flacila, muller doutro emperador chamado Teodosio (O Grande) tamén era galega.
Ano 381: Egeria, unha monxa galega, é a primeira muller da que se conservan textos en latín.
Límites de Galiza como provincia do Imperio Romano (289-410) Século IV: Prisciliano predica en Galiza e posteriormente é condeado por herexe. Deixou unha profunda pegada en Galiza que durou varios séculos. Sospeitase que o seu corpo pode ser o que fica enterrado na catedral de Santiago en troques do apostolo.
Ano 411: Os suevos cuados (tribus chegadas do marxe esquerdo do Danubio, no actual norte de Austria, e da República Checa), que á súa vez procedían anteriormente do norte de Alemaña e de Escandinavia) ocupan Galiza sendo o único “pobo bárbaro” que chega ao destino elexido sen ter loitado durante o seu percorrido.
Os suevos instauran o primeiro reino orixinado a partires do Imperio Romano, nomeando rei a Hermerico e situando a capital de Gallaecia en Braga.
Os vándalos asdingos ocupan a parte máis oriental da Gallaecia manténdoa só nove anos tralos cales pasou a ficar tamén baixo dominio suevo.
Tralas invasións bárbaras no Imperio Romano case tódolos territorios cambiaron de nome; porén Gallaecia mantivo o mesmo nome que xa tiña no século II antes de Cristo cando chegaron os romanos.
Anos 411 a 585: Sucédense os seguientes reis de Gallaecia: Hermerico, Reckila, Reckiario, Agiulfo, Frantán, Maldrás, Frumario, Remismundo, Teodomundo, Teodomiro, Miro, Eurico y Audeca. Os tres últimos reis xa situaron a capital en Ourense. Durante este período mantense relacións marítimas cos pobos do N de Europa, cos pobos célticos (sobre todo Irlanda) e cos mediterráneos. Moedas acuñadas coa inscripción “Galiciense Regnum”. Galiza ocupaba até as actuais Oporto, Santander y Segovia.
Nalgúns períodos chegou conquistar Lisboa (e toda a Lusitania), Mérida e Sevilla.
O Reino de Galiza foi aliado do Imperio de Bizancio até a morte do emperador Xustiniano no ano 565.
Anos 448 a 456: o Reino de Gallaecia alcanza a súa máxima extensión co rei Reckiario (primeiro rei católico de Galiza) incluindo toda a península Ibérica excepto a franxa costeira mediterránea.
Anos 538 a 573: Gregorio de Tours cita o Regnum Galliciense na súa Historia Francorum e a ”Chararico regis Galliciae filius”.
Ano 585: O rei visigodo Leovixildo vence o rei galego Audeca e os visigodos incorporan Galiza ao seu reino, pero os visigodos respectan as súas circunscripcións administrativas, a súa rede eclesiástica e as súas entidades públicas.
Ano 680: Constrúese a igrexa de Santa Comba de Bande no sur da Galiza actual.
Ano 711: Os visigodos son derrotados polos árabes, nembargantes éstos non chegan a ocuparen Galiza.
Os “monarcas” dos séculos VIII, IX y X nunca empregaron o título de rei territorialmente, senón que se identificaban a sí mesmos coma reis en virtude da súa xenealoxía (“fillo de”) e polo tanto nunca se nomearon coma reis de Asturias ou León. Ademais só se atribuiron condición real a partires de Afonso II, xa que antes denominabanse caudillos (“princeps”). Polo tanto Don Pelayo, Favila, Afonso I, Froila, Aurelio, Silo, Mauregato e Vermudo I (todos eles entre os anos 711 e 791) non foron reis de Asturias nin de León e dende o mundo árabe eran recoñecidos únicamente como de Gallaecia.
Ano 714: Muza chega a Lugo, se ben non ocupa Galiza de forma efectiva.
739-757: Afonso I é citado como rei de Galiza en textos árabes, así coma os posteriores Aurelio e Silo.
En 743 a crónica de Ajbar Machmua fala da “reconquista de Galiza por parte dos cristiáns”.
776-786: Beato de Liébana en tódolos seus manuscritos dá o nome de Gallaecia ó conxunto dos dominios dos caudillos galaico-asturianos (reis de Asturias na “historia oficial”)
Siglo IX: Segundo Sánchez Albornoz (1981) “durante todo o século IX en Al-Andalus e máis aló dos Pirineos acostúmase a chamar reis de Galiza ós de Oviedo”. Por outra banda o historiador actual Maravall cita numerosas crónicas que identifican a Spania con Al-Andalus nos primeros séculos da Idade Media e a Gallaecia coa Iberia cristiá. Entroutros autores cita a Ibn al-Qutiya, Ibn al-Atir e a Al-Maqqari. Ademais os francos, o papado e o resto de reis peninsulares identifican a Gallaecia con todo o noroeste peninsular (incluindo León, Asturias e o norte da actual Portugal).
Anos 813 a 842: Afonso II (criado polos monxes de Samos-Lugo) reina en Oviedo coma rei de Galiza e Asturias (citado así nas Crónicas Carolingias e noutros casos como “totius Galletiae rex”). É citado como “Príncipe das Galicias” na Vita Hludovici e Rex Galletiae nos Annales Regni Francorum e na Vita Karoli Magni. Durante o seu reinado descóbrese o (probablemente falso) sepulcro do apóstolo Santiago, o que convertirá á futura cidade de Santiago nun referente en toda Europa.
Anos 842 a 850: Ramiro I sitúa a súa capital en Lugo primeiro e en Oviedo despois. Construccións do monte Naranco en Oviedo. Galiza prevalece no seo desta monarquía.
Anos 850 a 866: Ordoño I é citado como rei de Galiza por Ibn Idari, compositor eruditísimo que dispuxo dun grande caudal de fontes documentais (Sánchez Albornoz, 1981).
Séculos IX-XII: Os cronistas anglo-normandos nomean como reis de Galiza os monarcas cristiáns do noroeste peninsular (Amfurcio Regi Galliciae e Aldefonso Gallicae regi).
Anos 866-910: Afonso III emperador, fillo de Ordoño I, é rei de Galiza dende 862 e rei de Asturias, León e Galiza dende 866, con capital en Oviedo primeiro e despois en Santiago.
Foi coroado por seu pai en Santiago. É citado polo papa Xoán IX como rei de Galiza (“Adefonso Regi Gallaeciarum” segundo transcripción de López Ferreiro-1983, e “Rex Galletiae” segundo Sánchez Albornoz-1981), así como polas fontes árabes. Hai citas do propio rei ubicando a Sahagún, León e Coimbra dentro de Galiza, como por exemplo no diploma de Afonso III, datado en 905: “Civitate vocatur Legione, in Gallaecia” así transcrito por Maravall. Coimbra foi conquistada por el.
910-925: Ordoño II é primeiro rei de Galiza (entre 910 e 914) coa capital en Santiago, logo de Galiza e León (con capital en León dende 916) e finalmente de Galiza, León e Asturias.
925-929: Sancho Ordóñez é rei de Galiza, con capital en Santiago.
929-930: Afonso IV de Asturias, León e Galiza (dende 924 era rei só de León).
930-950: Ramiro II de Asturias, León e Galiza. Existe un texto árabe sobre a batalla de Simancas de Abdal-Monin Al Hinyari (transcripción de Sánchez Albornoz (1946 e 1981)): “Entre as nacións coas que os habitantes de Al-Andalus estaban en hostilidades, a galega era a máis poderosa; a pesaren de que os francos fixeran a guerra ós musulmáns, os galegos constituían os máis terríbeis inimigos”. Noutras ocasións cita a “Ramiro, rei dos galegos” e seguen as referencias a Galiza como “a nación máis poderosa”. Entre as súas vitorias militares atópanse Badaxoz, Mérida, Córdoba e Lisboa. Iniciou a repoboación de Salamanca
950-955: Ordoño III de Asturias, León e Galiza, fillo de Ramiro II
Ø 955-956: Sancho I (rei de León, irmán de Ordoño III a quen intenta destronar sen éxito co apoio dos reis de Navarra e condes de Castela) rei trala morte de seu irmán. Ø 956-960: Ordoño IV, rei de León apoiado polo conde castelán Fernán González, concedelle a independenza a Castela. Ø 960-967: Sancho I recupera o trono de León coa axuda de Abderramán III, aínda que non consegue asentalo seu poder en Galiza. Ø 960-984: Ramiro III é rei de León sendo neno (fillo de Sancho I) ninguén recoñece a súa autoridade. Galiza non ten rei e é gobernada polo clero e a nobreza galega. En 970 producese unha longa ocupación normanda de Galiza. 982-999: Vermudo II é rei de Galiza dende 982 (coroado en Santiago) e de León e Galiza dende 984 (despoxa de León a Ramiro III). Almanzor arrasa Santiago (“chegando máis lonxe que ningún outro musulmán” según él mesmo) e non ousa atacar Coruña. Non chega a producirse unha ocupación musulmana de Galiza. 999-1027: Alfonso V, rei de León e Galiza, vence aos normandos de Olaf na costa galega. En 1002 o conde galego Mendo Gonzalves, rexente en Galiza durante a minoría de idade do rei, derrota a Almanzor preto de Catalañazor. 1027-1037: Vermudo III é rei de Galiza e León (rei só de Galiza dende 1033 ao ser vencido por Sancho III O Maior de Navarra y perder León). Á morte de Sancho III recupera León. A irmá de Vermudo (Sancha) e o fillo de Sancho III (Fernando) casanse, pasando a ser Fernando I o primeiro rei de Castela. Fernando I mata a Vermudo III (o seu cuñado) en 1037 e é rei de Castela, León e Galiza conxuntamente ca súa muller Sancha. Sancho III refírese a el como “imperatur domus Vermudus in Gallaecia” en 1029 cando aínda conservaba León. 1037-1065 Fernando I e Sancha I de Castela, León e Galiza. Créase a Escola de Santiago, xerme da Universidade. A esta escola acoden prestixiosos mestres do resto de Europa y nela saen mestres para outras universidades europeas. Aquí estudian futuros reis, canceleres e bispos. Fernando I reconquista Coimbra para o seu fillo Don García, futuro rei de Galiza. 1065-1072: Don García é rei de Galiza. Herda de seu pai Fernando I o reino cristián peninsular máis extenso e máis poblado, a pesar de ser o fillo máis xove. Os emires de Sevilla e Badajoz rendíanlle os seus tributos. En 1072 é traizoado polo seu irmán Alfonso VI de León e é encarcelado ata a súa morte. Seu apresamento é realizado por Ruy Díaz de Vivar, O Cid. O galego é o idioma do rei. Reino de Galicia (1066- 1072) 1072-1109: Alfonso VI Emperador, rei de Castela, León e Galiza. O idioma galego é tamén o idioma do propio emperador (existe unha crónica en latín que se interrumpe para reproducir a dor do rei pola morte de seu hijo “ay meu fillo, ay meu fillo, alegria do meu corazon e lume dos meus ollos...”). En 1090 Alfonso VI divide Galiza entre as súas dúas fillas: o norte (Galiza actual) para Urraca e o sur para Tareixa. 1109-1111: Urraca, á morte de Alfonso, é raiña de Castela, León e Galiza. O arcebispo Xelmírez acada gran poder no Reino de Galiza. Cartas de Urraca onde se autotitulaba “totius Gallecia domina” e “totius Gallecia imperatrix”. Seu home Raimundo de Borgoña tamén se titulaba imperator de Galiza. 1111-1157: Alfonso VII é coroado rei de Galiza na catedral de Santiago e 15 anos despois é tamén rei de León y Castela. Xelmírez continúa dispoñendo de gran poder en Galiza e en 1115 constrúe a primera Armada da historia de España para defender a Galiza dos ataques normandos. En 1139 fórmase o reino de Portugal, ó independizarse a Galiza sur (o Condado de Portucale e Coimbra). Posteriormente Portugal vaise expandindo hacia o sur. O Reino de Galiza quédase co territorio que ocupa na actualidade (máis O Bierzo). En 1159 os anaies de Cambrai falan de tres imperios (ó referirse á época de Alfonso VII): o bizantino, o xermánico e o de Galiza. 1157-1188: Fernando II é rei de León e Galiza. Durante o seu reinado constrúese o Pórtico da Gloria. Foi enterrado no Panteón Real da Catedral de Santiago. Na lírica provenzal faise mención a este rei como “seignor del galecs”. Reino de Galicia a partir de 1139 En 1169 os árabes aínda identifican ao rei de Portugal como galego. Primeiros textos escritos en galego. 1188-1230: Alfonso IX é rei de León e Galiza. En 1218 crea a Universidade de Salamanca, que é gobernada desde Santiago hasta el siglo XV. Gran número de profesores de Salamanca formanse na Escola de Santiago. O rei crea as primeiras cortes de Europa nas que participan estratos axenos á nobreza. Foi enterrado no Panteón Real da Catedral de Santiago. Este rei debería denominarse como Alfonso VIII, pero a historia oficial considérao como se fose “rei de Castela”. 1230-1833: Mantense a denominación de Reino de Galiza, pero xa dentro do reino de Castela a partir de Fernando III. 1431: Primera Revolución Irmandiña (“a fusquenlla”). Roi Xordo foi o líder principal. IDADE CONTEMPORÁNEA1467-1469: Segunda Revolución Irmandiña. Os irmandiños expulsan durante dous anos aos grandes señores feudais de Galiza, derrubando máis de 130 fortalezas. Pretendían depender directamente do rei anulando o poder feudal. Finalmente son vencidos. Esta foi a primera revolución moderna de Europa e xerou posteriormente cambios sociais espectaculares a pesar do seu fracaso: implantación da xustiza pública, fin da época de fortalezas e dos señores das fortalezas, devolución á Igrexa dos bens usurpados durante a refeudalización, transformación do nobre feudal galego en cortesano, revisión das rentas xurisdiccionais na Audiencia de Galiza, o rei nomea aos xuices que xulgan os pleitos entre vasalos e señores... 1480: Outra das consecuencias da Revolución Irmandiña foi que os Reis Católicos crearon a Xunta do Reino de Galiza nomeando a Fernando de Acuña o seu primeiro gobernador. Según Murguía as funcións da Xunta de Galiza eran, entre outras, as seguintes: "concedía, recaudaba e ás veces repartía os impostos. Prestaba a outras rexións os sobrantes dos seus caudais e non hai durante os tres séculos que desempeñou tan importante misión, noticia dun só desfalco das rendas públicas. Organizaba e mantiña o seu exército e construía escuadra propia. Tiña o seu tesouro e ó seu cargo as vías de comunicación, as obras públicas, a provisión de bastimentos e a policía". Ano 1493: Cristóbal Colón chega a Baiona de volta da súa primeira viaxe a América. 1495: Créase o Estudo Vello, orixe da Universidad de Santiago. 1571: Galiza participa coa súa propia bandeira na batalla de Lepanto. 1589: Coruña (con tan só 4.000 habitantes e 1.200 soldados procedentes da Gran Armada) rexeita heroicamente a Drake e Norris (ó frente de 23.375 homes e 120 navíos), salvando ao resto de Galiza dun seguro desastre. 1633: A Xunta de Galiza crea unha escadra propia autorizada por Felipe V. IDADE CONTEMPORÁNEAAno 1799: A Expedición Humboldt zarpa do porto de Coruña para realizar a exploración científica de América. Finais do XVIII: Constrúense os primeros modelos de casas con galerías en Coruña, que son as primeras fachadas acristaladas do mundo. 1803: Parte de Coruña a Expedición do alicantino Dr. Balmis, que leva a vacina dun virus a América no corpo de 22 nenos coruñeses. Jenner (descubridor da vacina) declara: “Non imaxino que nos anaies da Historia haxa un exemplo de filantropía tan nobre e extenso como este”; e Humboldt: “ Esta viaxe permanecerá como a máis memorable nos anais da Historia”. 1808-1809: A ocupación francesa de Galiza é a menor de todo o Estado Español (heroes de Pontesampaio e Batalla de Elviña). A Xunta de Defensa do Reino de Galiza é o órgano supremo da resistencia. Galiza foi o primeiro lugar do mundo no que mediante unha estratexia de guerras de guerrillas foi posíbel derrotar a un exército regular súperpoderoso (“Campagnes en Espagne et au Portugal 1808-1814”). O Duque de Wellington pronuncia a súa famosa frase: “Españois imitade aos inimitábeis galegos". 1820: Galiza é o reino de España que máis contribúe ao triunfo da Revolución Liberal de Riego. Por iso o xeneral liberal Espoz y Mina pide o seu traslado a Galiza, onde é nomeado capitán xeneral. 1833: O Reino de Galiza desaparece e, como o resto do Estado Español, pasa a ser unha rexión dividida en provincias. 1841: Os primeiros deputados republicanos do Estado Español son elixidos por Galiza. 1846: Proclama da Xunta Superior do Goberno de Galiza (por Pío Rodríguez e Antolín Faraldo). Revolución Galega liberal e progresista. Mártires de Carral. 1860: Edítase o primeiro xornal enteiramente en galego. Inicio do relanzamento da literatura galega (Rexurdimento). 1863: Rosalía de Castro publica Cantares Galegos. 1873: Proxecto de Estatuto Federal de Galiza. Nas eleccións saen elexidos 37 deputados federalistas dun total de 45 en Galiza. 1883: Proxecto de Constitución para o Estado Galaico, realizado polo Consello Federal de Galiza presidido por Moreno Barcia e aprobado pola Asamblea de Lugo en 1887. 1897: Fórmase a Liga Galega, primeiro partido galeguista organizado. Ródase a primera película do Estado Español n'A Coruña. Siglo XX: Calcúlase que durante este siglo emigran un millón de galegos. A poboación de Galiza ao rematar este siglo acada só 2,7 millóns de habitantes. 1906: Créase a Real Academia Galega. 1907: O Himno de Galiza estréase na Habana. Créase o partido Solidaridade Galega. 1917: Créanse as Irmandades da Fala.
1920 a 1936: Xeración NÓS: nome dado a un impresionante grupo de intelectuais e artistas galeguistas que se expresan a través dunha revista fundada por Castelao e Risco.
1923: Créase o Seminario de Estudos Galegos por un grupo de profesores e estudantes da Universidade de Santiago.
1924: Créase o Instituto de Estudos Galegos.
1929: créase a Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) contando con personaxes de gran prestixio, como Salvador de Madariaga (un dos seis pais de Europa, tal e como se lle recoñece no actual Parlamento Europeo de Estrasburgo xunto con Churchill, Adenauer, De Gasperi, Schuman e Monet).
1931: Fundación do Partido Galeguista. Os galeguistas Castelao, Otero Pedrayo, Suárez Picallo e Villar Ponte son elexidos deputados na II República.
1933: Galiza é recoñecida como nación no Congreso de Berna, auspiciado pola Sociedade de Nacións
1936: Triunfo da Fronte Popular en Galiza (que inclúe ao Partido Galeguista) o primeiro estatuto de Galiza aprobado por inmensa maioría en referéndum (tres semanas antes do Alzamento franquista). Ao estourar a guerra, Galiza queda en mans de Franco dende o principio (A pesares da victoria dos militares de Marín en favor da Repúbica, que impediu o traslado das tropas marroquís a España en buques “nacionais”). prodúcese unha forte represión do galeguismo e das esquerdas. Nos anos 40 Galiza é unha das zonas con máis actividade dos maquis en España (o más destacábel, O Foucellas)
1944: Castelao publica “Sempre en Galiza” en Bos Aires. Neste libro resúmese o seu ideario galeguista.
1963: Celébrase por primeira vez o Día das Letras Galegas
1977: Masivas manifestacións en todalas cidades galegas pedindo a autonomía para Galiza. O grande europeísta Salvador de Madariaga reclama “unha amplia autonomía para Galiza” á súa volta do exilio.
1978: Constitúese a Xunta preautonómica. Antonio Rosón é o primeiro presidente.
1981: Elíxese o primeiro Parlamento Galego. Fernández Albor é elixido presidente da Xunta de Galiza.
1986: Galiza entra co resto do Estado Español na CEE, que actualmente é a Unión Europea.
Corolario dos siglos XIX y XX: Galiza non foi un país “conservador, sumiso e que sempre votou ao poder” como nos explicaron milleiros de veces, senón que aquí obtuveron o maior éxito dende os seus inicios as ideas liberais, federalistas, republicanas e autonomistas. Por outra parte o galeguismo sempre foi completamente tolerante, aperturista e estivo ligado ás principaies vangardas artísticas e culturais de Europa e América e combateu ao caciquismo ligado aos partidos conservadores estatais, que representaban o illamento, o atraso, a ignorancia e o folklorismo.
Esta síntese da nosa historia foi escrita por Cambón ( cambon@wanadooadsl.net) e traducida posteriormente por Carlinhos e por Zete. Un saúdo. Saúde, Terra e Cultura.
评论 (12)
引用通告此日志的引用通告 URL 是: http://galizaenloita.spaces.live.com/blog/cns!49F2BFF3BCC17A24!165.trak 引用此项的网络日志
|
|
|